Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro de axudas ao Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2013/114-2.

Intentada a notificación do Acordo do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, do 22 de xuño de 2015, polo que se inicia o procedemento de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido do dito acto como figura no anexo para que poida ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.

A interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 21 de agosto de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2013/114-2.

Nome: Mónica Gutiérrez Vargas.

DNI/NIF: Y0488306F.

Último enderezo coñecido: avenida de Portugal, 54, 2º C, 27500 Chantada (Lugo).

Feito imputado: non manter a actividade que fundamente a concesión da axuda recollida na Orde do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 12.a) da orde de convocatoria.

Contido do acto: inicio do procedemento de reintegro da axuda do 22 de xuño de 2015.