Expediente: IN407A 2015/191-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMT e CT Abelleira II.
Concello: Muros.
Características técnicas:
Desmontaxe do apoio que sustenta o centro de transformación intemperie Abelleira II, xunto cos elementos que o compoñen, e 4 metros de liña de media tensión que o alimenta.
Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,087 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 27 existente da LMT MUO-806, onde actualmente se realiza a derivación ao CT Abelleira II que se vai retirar, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo CT Abelleira II proxectado.
Centro de transformación prefabricado compacto de manobra exterior con envolvente 2L+1P con tranformador de 250 kVA e relación de transformación de 20.000/400 V.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 14 de agosto de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña