Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36192

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 2 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións plurianuais a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2015 e 2016 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo).

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 22628, no artigo 19, Anticipos, onde di: «Calquera dos anticipos a que se refire o parágrafo anterior deberán ser solicitados, necesariamente antes do 15 de setembro de 2015.», debe dicir: «Calquera dos anticipos a que se refire o parágrafo anterior deberá ser solicitado, necesariamente, antes do 15 de outubro de 2015.».