Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36193

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2015 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 18 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, crédito orzamentario 300.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 18 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO
Subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia

Concello beneficiario

Descrición da actuación

Importe subvención €

Boqueixón

Festa da Filloa de Lestedo (Boqueixón)

3.500,00

Ares

Alfombras Florais de Corpus Christi en Ares

2.500,00

O Pino

Feira de Galos Vivos, Feira Celta e Mostra Cabalar

3.500,00

Boiro

Romaría de San Ramón de Bealo

3.500,00

Mugardos

XXV Festa do Polbo

3.500,00

Ponteceso

Festa do Percebe do Roncudo

3.500,00

Cabana de Bergantiños

Romaría San Fins do Castro

3.500,00

Melide

Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide

3.500,00

Betanzos

Feira Franca Medieval 2015

3.500,00

Ferrol

Festa das Pepitas de Ferrol

3.500,00

Pobra do Caramiñal, A

Festas do Divino Nazareno

3.500,00

Laracha, A

Romaría da Nosa Señora dos Miragres de Caión

3.500,00

Camariñas

XXV Mostra do Encaixe de Camariñas

3.500,00

Rianxo

Festas de Guadalupe

3.500,00

Neda

Festa do Pan de Neda 2015

3.203,84

Muros

Gran Premio de Carrilanas de Esteiro

3.500,00

Arzúa

Festa do Queixo

3.500,00

Ribeira

Festa da Dorna

3.493,96

Padrón

Festa do Pemento de Herbón

3.500,00

Vimianzo

Faguía de Carnés

3.500,00

Oroso

XIX Festa da Troita

3.500,00

Narón

Oenach Atlántico

3.500,00

Barreiros

XXXIV Festival Folclórico Internacional do Emigrante

3.500,00

Mondoñedo

Feiras e festas das San Lucas

3.500,00

Quiroga

Mostra do Aceite de Quiroga

3.500,00

Chantada

Folión de Carros

3.500,00

Cervo

Exaltación e Promoción do Ourizo

3.500,00

Folgoso do Caurel

Festa da Castaña

3.500,00

Monterroso

Feira de Santos

3.500,00

Sober

Feira do Viño de Amandi

3.500,00

Meira

Festa da Malla de Meira

1.500,00

Lourenzá

Festa da Faba

3.500,00

Foz

Festa de San Lourenzo 2015

3.500,00

Begonte

O Nadal do Belén electrónico de Begonte

3.500,00

Lugo

Arde Lucus-2015: animación de rúa e espectáculo nocturno

3.500,00

Viveiro

Festa do Naseiro

3.500,00

Ribadeo

Xira de Sta. Cruz

3.500,00

Burela

XXXI Feira do Bonito

3.500,00

Taboada

Queima das Fachas 2015

3.500,00

Cospeito

Festa da Filloa

1.000,00

Bande

Festa do Peixe

3.300,00

Barco de Valdeorras, O

XV Festa do Botelo do Barco de Valdeorras

3.500,00

Arnoia

XXXVI Festa do Pemento

3.500,00

San Cristovo de Cea

XXIV Festa de Exaltación do Pan de Cea

3.500,00

Riós

XXI Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós

3.500,00

Oímbra

Feira do Pemento de Oímbra

3.500,00

Rairiz de Veiga

Romaría da Saínza 2015

3.500,00

Viana do Bolo

Entroido 2015 e XLV Festa da Androlla

3.500,00

Laza

Entroido de Laza

3.500,00

Manzaneda

Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda

2.875,50

Ribadavia

Feira do Viño do Ribeiro

3.500,00

Celanova

Romaría Etnográfica Raigame

3.500,00

Ourense

Festa dos Maios

3.500,00

Maceda

Entroido de Maceda

3.500,00

Mos

Festa da Rosa

3.500,00

Valga

XXV Festa da Anguía e Mostra da Caña do País

3.500,00

Redondela

Festa do Choco

3.500,00

Moraña

XLVI Festa do Carneiro ao Espeto

3.500,00

Marín

Festa de San Miguel e Danza de Espadas

3.500,00

Vilanova de Arousa

Festa do Mexillón e do Berberecho

2.651,50

Ponte Caldelas

XLIX Festa da Troita de Ponte Caldelas

3.500,00

Vila de Cruces

XXII Festa Gastronómica do Galo de Curral

3.500,00

Cambados

XIV Xornadas de Exaltación da Vieira

3.500,00

A Guarda

XXV Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

3.500,00

Arbo

LV Festa da Lamprea de Arbo

3.500,00

A Cañiza

Festa do Xamón

3.500,00

Soutomaior

Festa da Ostra en Arcade

3.500,00

Meis

Semana Santa e Pascua de Paradela

3.500,00

Vilaboa

Entroido de Cobres

2.927,25

Cangas

Semana Santa

3.365,00

As Neves

XXIV Edición da Feira do Requeixo e do Mel de As Neves

3.500,00

Moaña

Festa de San Martiño

3.500,00

Silleda

Festa da Empanada da Bandeira

3.500,00

Vilagarcía de Arousa

Festa da Ameixa de Carril

3.500,00

Tui

Festas Patronais de San Telmo

3.500,00

A Estrada

XLII Festa do Salmón

3.500,00

Vigo

Festa do Cristo de Bouzas

3.500,00

Cuntis

XVIII Festa Gastronómica do Lacón con Grelos

3.500,00

Total

264.817,05