Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, da subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de carburantes para vehículos e do servizo de telepeaxe e pagamento en autoestradas e lavado en máquinas de autolavado para os vehículos dos parques móbiles centrais e sectoriais da Xunta de Galicia, mediante acordo marco subscrito cun único empresario, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e información de índole administrativa: 981 54 42 58 e 981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es

manuel.perez.gonzalez@xunta.es

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23169

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SUSE 03-PL.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de carburantes para vehículos e o servizo de telepeaxe e pagamento en autoestradas e lavado en máquinas de autolavado para os vehículos dos parques móbiles centrais e sectoriais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de entrega: as entregas axustaranse ao establecido no prego de prescricións técnicas e na alínea M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: será de 24 meses contado desde o día seguinte ao da formalización do contrato, axustándose ao indicado na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: si, por un período máximo de tempo igual ao da duración do contrato.

g) CPV: 09132100-4 gasolina sen chumbo, 09134100-8 gasóleo e 50112300-6 servizos de lavado de automóbiles e similares.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 21.027.847,72 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 8.087.633,74 €.

IVE (21 %): 1.698.403,09 €.

Importe total: 9.786.036,83 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 de setembro de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas D do Complexo Administrativo de San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, soto.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.30 horas, o 25 de setembro de 2015.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de agosto de 2015.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza