Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de xullo de 2015 pola que se declara deserta a adxudicación do 50 % do dominio dun inmoble situado en Valencia.

Mediante orde desta Consellería de Facenda do 11 de marzo de 2015 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, do 50 % do dominio dun piso situado en Valencia.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 12 de maio de 2015, número 88, e nun xornal de ampla difusión (Diario Marca do mesmo día), o anuncio do 17 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento do citado inmoble, tivo lugar o 17 de xuño de 2015 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación do seguinte inmoble:

50 % do dominio da vivenda situada na avenida Pérez Galdós 65, planta primeira, porta primeira, de Valencia, dunha superficie construída de 94,85 m2, e de 82,70 m2 útiles, segundo recente medición. Referencia catastral 4522008YJ2742B0003YB. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Valencia no tomo 2.955, folio 171, sección sétima, do predio 11.385.

Tipo de licitación primeira poxa: 23.915,74 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 20.328,38 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 16.741,02 euros.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda