Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36083

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 28 de agosto de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se modifica a Resolución do 27 de xullo de 2015, de convocatoria para vinculación temporal de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área.

De conformidade co disposto no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Norma I.2 do Pacto de selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e en entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se establece a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

RESOLVE:

Proceder ao anuncio da Resolución do 28 de agosto de 2015 pola que se modifica a Resolución do 27 de xullo de 2015 (DOG nº 155, do 17 de agosto), relativa á convocatoria para vinculación temporal de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área.

A citada resolución estará exposta nos taboleiros de anuncios do centros hospitalarios dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, no Punto de Atención ao Traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde ( www.sergas.es ).

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 4.3 do Decreto 168/2010, do 7 de outubro)
Sonia Fernández-Arruty Ferro
Directora de Procesos Asistenciais