Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 16 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de procedemento sancionador E.S. 64/14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 16 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Revisiones de Gas Revisol, S.L.

NIF: B70398011.

Expediente: E.S. 64/14.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.