Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2015/133-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: ADIF-Subdirección de Operaciones Noroeste.

Domicilio social: r/ Gómez Salazar, s/n, Edf. C .R.C.-ADIF, 24000 León.

Denominación: LMT, CM e CT túnel Redondela-AVE del Eje Atlántico.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 24 metros de lonxitude, con orixe no apoio 47 da LMTA RED709, tramo 0357, de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no apoio proxectado paso aéreo-subterráneo (PAS). LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 en dous tramos: o primeiro, de 266 metros, desde o PAS ata o centro de medida e o segundo, de 1.565 metros, desde este ata o centro de transformación. Centro de medida con tres celas (remonte, protección e medida) situado nas proximidades da boca norte do túnel. Centro de transformación de 630 kVA, R.T. 15 kV/400-230 V, situado no interior do túnel de Redondela. As instalacións están situadas en Soutoxuste, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 6 de agosto de 2015

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial