De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
A Coruña, 16 de xullo de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesada: Instalaciones Eurogas, S.L.
NIF: B45726072.
Expediente: E.S. 1/15.
Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.