Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. (Gesuga), para a planta de xestión de subprodutos animais que posúe no concello de Cerceda (A Coruña), número de rexistro AAI: 2005/0009_NAA/IPPC_009 (clave 2015-IPPC-M-38).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

«Solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada (clave 2005/0009_NAA/IPPC) para unha planta de transformación de subprodutos animais de categoría 2. Proxecto básico».

«Solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada (clave 2005/0009_NAA/IPPC) para unha planta de transformación de subprodutos animais de categoría 2. Resumo non técnico».

«Proxecto básico e de execución. Nova planta de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados a consumo humano de categoría 2».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Nº de rexistro AAI: 2005/0009_NAA/IPPC_009.

Clave do expediente de modificación substancial: 2015-IPPC-M-38.

Peticionario: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L., (Gesuga).

Domicilio social: Areosa, s/n, Queixas, 15186 Cerceda (A Coruña).

Localización da instalación: Areosa, s/n, 15186 Cerceda (A Coruña).

Actividade: planta de transformación de subprodutos animais de categoría 2 anexa á planta de transformación de subprodutos de categoría 1 existente na actualidade.

Descrición: trátase da ampliación da planta de transformación de subprodutos existente e a nova actividade de tratamento de subprodutos cárnicos de categoría 2, conforme a normativa sanitaria aplicable aos subprodutos animais non destinados ao consumo humano. Ao procesar por separado os subprodutos de categoría 1 dos de categoría 2, obteranse produtos con distintos destinos. A fariña obtida na planta de transformación de categoría 1 continuará enviándose para eliminación a xestores autorizados, mentres que a fariña obtida na planta de transformación de categoría 2 se enviará a unha planta de produción e expedición de fertilizantes orgánicos.

Verteduras: as augas residuais industriais xeradas na planta existente así como as procedentes do primeiro lavado de vehículos intégranse no proceso, e serán tratadas nun sistema de oxidación térmica que non xera verteduras. Coa nova instalación non se producirá incremento da materia prima que se vai procesar nin tampouco vehículos para lavar. Os efluentes xerados nos aseos e vestiarios, xunto cos xerados no segundo lavado dos vehículos de transporte de subprodutos animais, son enviados á planta de tratamento de augas residuais de Gesuga previo á súa vertedura ao ambiente. Coa nova instalación non se producirá incremento das instalacións sanitarias nin tampouco maior volume de vehículos para lavar.