Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/183).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Espacia Avante, S.L.

Domicilio social: avenida Linares Rivas, 1-baixo, 15005 A Coruña.

Denominación: CS-medida, CT DE 400 kVA e liña de interconexión.

Situación: parcela sita na vía 8 do parque empresarial Vío-A Coruña.

Características técnicas: CS e medida, con cela de tres funcións de liña con interruptor-seccionador e telemando, en módulo prefabricado. Liña de alta tensión de interconexión entre CS e CT: 3(2×240) mm2+1(1×240) mm2(N) RZ1-K(AS) 0.6/1 kV. CT de 400 kVA, relación de transformación 15-20 kV/420 V, conexión DYN11, refrixeración natural.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 20 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña