Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar o emprazamento para trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal ao interesado (expediente OU-2012/00300).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación ao interesado que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícase a persoa que no anexo se menciona que, examinada a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito presentada de xeito individual polo outro membro da parella, e de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro, con esta data resolvo publicar por este medio o emprazamento para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense, para que poidan consultalo e formular as alegacións e xustificacións que consideren procedentes, durante un prazo de quince (15) días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 13 de agosto de 2015

P.A.
Silvia Dorado Morales
Secretaria territorial da Delegación Provincial
da Xunta de Galicia en Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesados

NIF

OU-2012/003000

Jania Sukkar Cardoso

PB324803