Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 181/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 181/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María José Reimóndez López contra Dado Dadá, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil quince.

Antecedentes de feito

Primeiro. María José Reimóndez López solicitou a execución da Sentenza 451/2014, do 3 de outubro, ditada por este órgano xudicial no procedemento DSP 465/2014 e parcialmente revogada pola Sentenza do 7.4.2015, ditada en suplicación pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fronte a Dado Dadá, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Fundamentos de dereito

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional, xulgando e facendo executar o xulgado, corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (art. 117 CE e art. 2 LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes levaraa a cabo o órgano xudicial que tivese coñecido do asunto en instancia, polo que corresponde ao Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e unha vez iniciada esta tramitarase de oficio e ditaranse para o efecto as resolucións necesarias (art. 239 da LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 da LXS, sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión da traballadora no prazo e nas condicións legalmente previstos, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 da LXS, despachar execución do resolto en sentenza e que a secretaria xudicial sinale comparecencia.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante María José Reimóndez López fronte a Dado Dadá, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva pola secretaria xudicial, sinalarase data para a vista do incidente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións nestes intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/es cometida/s na resolución, do cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou da oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorre.

Así o acorda e asina. Dou fe. A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

«Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil quince.

Despois de presentar escrito a traballadora María José Reimóndez López en que exixe o cumprimento polo empresario Dado Dadá, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución de título xudicial, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar por comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 29.9.2015, ás 13.30 horas, para a realización da comparecencia.

– De non asistir a traballadora ou persoa que a represente, darase por desistida na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, realizarase o acto sen a súa presenza.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas nestes sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorre. A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María Carmen Eijo Blanco, administradora da executada Dado Dadá, S.L., en paradoiro ignorado, e de citación para incidente sinalado para o día 29.9.2015, ás 13.30 horas, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2015

A secretaria xudicial