Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 13 de agosto de 2015 pola que se notifica a resolución dunha reclamación previa á vía laboral.

Con data do 17 de xuño de 2015, o director da Axencia Galega de Innovación ditou resolución en que se estima parcialmente a reclamación previa presentada por Francisco Meizoso Meizoso (32677566V) o día 5 de xuño de 2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ante a xurisdición social no prazo e nos termos establecidos no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

O orixinal da resolución consta no expediente de Francisco Meizoso Meizoso na habilitación de persoal da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación, praza de Europa 10 A, 6º andar, 15707 Santiago de Compostela, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2015

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación