Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de xuño de 2015, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de usos da concesión administrativa outorgada á Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia sobre a ocupación de instalacións de dominio público portuario para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión indirecta do servizo de lonxa no porto de Testal e a ocupación de edificación anexa para uso de almacén, depuradora de moluscos e bar-cafetaría (expediente 12-42-08-C-1).

Estase a tramitar unha modificación substancial da concesión administrativa outorgada á Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia sobre a ocupación de instalacións de dominio público portuario para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión indirecta do servizo de lonxa do porto de Testal e a ocupación da edificación anexa para uso de almacén, depuradora de moluscos e bar-cafetaría.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 16 de xuño de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia