Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada (expediente 1/2015/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido de la Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do siguiente contrato administrativo:

– Servizo de centro de xestión informática e oficina técnica de proxectos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Departamento Económico-Financeiro.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 1/2015/CNTSE.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21929

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: este contrato ten por obxecto a prestación dos servizos do centro de xestión informática e a oficina técnica de proxectos, nos termos definidos nas cláusulas 1.2 e 2 do prego de prescricións técnicas.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 72600000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de febreiro de 2015; Diario Oficial de Galicia: 20 de febreiro de 2015; Boletín Oficial del Estado: 19 de febreiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 630.000,00 euros, IVE do 21 % excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 300.000,00 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 63.000,00 euros. Importe total: 363.000,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 14 de agosto de 2015.

c) Contratista: Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 285.000,00 euros, IVE do 21 %  excluído. Importe total: 344.850,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia