Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada (expediente 4/2014/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

«Servizo de limpeza e recollida de residuos dos portos dependentes da Zona Norte do ente público Portos de Galicia».

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 4/2014/CNTSE.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21455

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: os servizos obxecto deste contrato atópanse definidos na cláusula 2 do prego de prescricións técnicas particulares (PPT), e comprenden as actividades de limpeza xeral dos portos da Zona Norte, recollida de residuos e transporte ás plantas de tratamento.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90000000-7

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de novembro de 2014; Diario Oficial de Galicia: 18 de novembro de 2014; Boletín Oficial del Estado: 24 de novembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria. Expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.123.723,28 euros, IVE do 10 % excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.287.105,02 euros. Imposto sobre o valor engadido (10 %): 128.710,50 euros. Importe total: 1.415.815,52 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de xullo de 2015.

c) Contratista: Ascán, Empresa Constructora y de Gestión, S.A. General de Asfaltos y Servicios, S.L. (UTE Portos Norte).

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 1.180.103,82 euros, IVE do 10 % excluído. Importe total: 1.298.114,20 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia