Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35440

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva da delimitación do solo do núcleo rural de Vilane, na parroquia de San Xoán de Antas, do concello de Antas de Ulla (Lugo) (expediente PTU-LU-12/011).

O Concello de Antas de Ulla remitiu documentación correspondente ao expediente de referencia, con proxecto subscrito polo arquitecto Javier Alonso Dávila, para os efectos previstos na disposición adicional 2ª.2, da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo en relación coa anterior resolución desta SXOTU do 10.6.2014, resulta:

I. Antecedentes.

a) O concello de Antas de Ulla carece de instrumento de planeamento xeral e dispón unicamente dun proxecto de delimitación de solo urbano aprobado o 14 de marzo de 1977; rexéndose fóra do seu ámbito polas normas de aplicación directa da LOUGA e, no que non se opón a estas, polas Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial aprobadas o 3.4.1991.

b) Constan terse realizado as seguintes actuacións de tramitación deste expediente:

– Información pública (28.10.2011-10.12.2011) con anuncios en El Progreso do 27 de outubro, La Voz de Galicia do 3 de novembro e no Diario Oficial de Galicia do 17 de novembro de 2011. Non se presentaron alegacións.

– Aprobación provisoria do proxecto en data 29.12.2011.

– Informe da Demarcación Estatal de Estradas en Galicia do 3.10.2013, favorable.

– Aprobación provisoria do proxecto modificado en data 14.10.2013.

– Resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 10.6.2014 que require a corrección de deficiencias.

– Informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 14.3.2014, favorable condicionado á corrección das deficiencias do punto de «Medidas protectoras e correctoras».

– Aprobación provisoria do novo proxecto modificado en data 30.12.2014.

II. Contido.

a) Proponse a delimitación, como núcleo rural complexo, do asentamento poboacional tradicional de Vilane, pertencente á parroquia de San Xoán de Antas.

b) O núcleo conta con topónimo recoñecido no Nomenclátor da Xunta de Galicia (Decreto 6/2000).

c) O proxecto recoñece o sistema viario público existente, mantendo as aliñacións existentes, e determina os terreos edificables do asentamento e terreos destinados a zonas verdes, espazos libres e equipamentos, ao mesmo tempo que xustifica o cumprimento do grao de consolidación mínima exixido pola lei. Identifícanse varios bens de valor cultural (o pazo de Vilane e mais 8 hórreos).

III. Análise, consideracións e observacións.

a) Adáptase o proxecto aos informes emitidos pola DEEG e DXPC.

b) Establécense, xustificadamente respecto das características das parcelas edificadas do núcleo, as determinacións establecidas nas letras d) e f) do artigo 56.1 da LOUG, de acordo coa disposición adicional 2ª desta lei.

c) Exclúese o ámbito NRC-3 do núcleo de Vilane.

d) Redelimítanse os ámbitos dos subtipos histórico-tradicional e común dun xeito máis acorde coas características do núcleo.

e) Xustifícase adecuadamente a consolidación edificatoria do núcleo con respecto ao número de parcelas edificables, as edificadas e as condicións de edificación establecidas.

De acordo co punto 2 da Disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 12.1.b do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do núcleo de Vilane, parroquia de San Xoán de Antas, do concello de Antas de Ulla.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

anexo

missing image file