Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35444

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia, e se convocan para o ano 2015.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 15 da Orde do 9 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia, e se convocan para o ano 2015,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia, e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 70, do 15 de abril).

As axudas, coa finalidade de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras, destínanse a persoas físicas ou xurídicas, incluíndo os concellos, propietarias das árbores incluídas no anexo I ou formacións incluídas no anexo II do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, e sempre que estas árbores e/ou formacións estean incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras con anterioridade á entrada en vigor da orde, e contan cun crédito orzamentario de 90.000 € e 65.733,33 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.05.541-B.760.2 e 07.05.541-B.780.2 (respectivamente).

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO
MT804B Axudas para a conservación, protección e mellora das árbores
e formacións senlleiras de Galicia

Entidades e persoas beneficiarias

Total subvención

Aplicación orzamentaria

Concello de Bande

4.120,00 €

07.05.541-B.760.2

Concello de Rairiz de Veiga

6.000,00 €

07.05.541-B.760.2

Concello de Padrón

11.491,41 €

07.05.541-B.760.2

Concello do Porriño

5.130,00 €

07.05.541-B.760.2

Anselmo Felisindo Raimúndez Rodríguez

4.955,00 €

07.05.541-B.780.2

Rubén Rodríguez Pérez

4.950,00 €

07.05.541-B.780.2

Manuel Rial Mato

6.000,00 €

07.05.541-B.780.2

Juan Armada Díez de Rivera

11.920,00 €

07.05.541-B.780.2

Fundación José Luis Taboada

8.400,53 €

07.05.541-B.780.2

José González Vázquez

2.768,48 €

07.05.541-B.780.2

María Anna Martínez Geb Kinader

3.200,00 €

07.05.541-B.780.2

Fundación Casa Ducal de Medinaceli

13.600,00 €

07.05.541-B.780.2