Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura (3 lotes). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo da Pesca -FEP- nun 75 % (expediente 21/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consiste no desenvolvemento dunha campaña de promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22036

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 6 de marzo de 2015, BOE do 12 de marzo e DOG núm. 48, do 11 de marzo.

e) División por lotes e número: si.

• Lote 1: materiais para punto de venda, edición e merchandising.

• Lote 2: valados.

• Lote 3: plan de medios.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 800.000,00 €. IVE (21 %): 168.000,00 €. Importe total: 968.000,00 € (a distribución por lotes na letra D da folla de especificacións).

Valor estimado: 800.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo de Pesca (eixe/medida 3.4).

6. Adxudicación e formalización do contrato.

• Lote 1: materiais para punto de venda, edición e merchandising.

a) Data da resolución de adxudicación: 21 de maio de 2015.

b) Adxudicataria: Tórculo Comunicación Gráfica, S.A.

c) Importe: 167.645,00 € (sen IVE). IVE (21 %): 35.205,45 €. Importe total: 202.850,45 €.

d) Data de formalización do contrato: 30 de xuño de 2015

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

• Lote 2: valados.

a) Data da resolución de adxudicación: 21 de maio de 2015.

b) Adxudicataria: Mediages, S.L.

c) Importe: 198.660,00 € (sen IVE). IVE (21 %): 41.718,60 €. Importe total: 240.378,60 €.

d) Data de formalización do contrato: 30 de xuño de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

• Lote 3: plan de medios.

a) Data da resolución de adxudicación: 3 de xuño de 2015.

b) Adxudicataria: Ingenio Media, S.L.

c) Importe: 394.174,75 € (sen IVE). IVE (21 %): 82.776,70 €. Importe total: 476.951,45 €.

d) Data de formalización do contrato: 10 de xullo de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2015

P.A. (Orde do 30.3.2012, DOG núm. 70, do 12 de abril)
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar