Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo integrado dun helicóptero e técnicos coordinadores con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2015, 2016 e 2017 (expediente 22/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado dun helicóptero e técnicos coordinadores con destino á prevención e vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais nas precampañas e campañas dos anos 2015, 2016 e 2017.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22237

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 14 de abril de 2015; BOE do 20 de abril de 2015 e DOG núm. 79, do 28 de abril de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 1.070.160,00 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 2.848.880,00 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 26 de xuño de 2015.

b) Adxudicataria: Ute Inaer Galicia, S.L.-Inaer Helicópteros, S.A.U.-Consultoría Natutecnia, S.L.

c) Importe: 1.069.796 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 23 de xullo de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2015

P.A. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes