Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración de complementos para o equipamento de protección individual do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2015 (55/15-I) (expediente 43/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de complementos para o equipamento de protección individual do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes: si. Lote 1: un mínimo de 2.100 camisetas ignífugas. Lote 2: un mínimo de 150 cascos. Lote 3: un mínimo de 2.100 lentes. Lote 4: un mínimo de 2.100 pares de luvas. Lote 5: un mínimo de 2.100 verdugos ignífugos Lote 6: un mínimo de 510 petos portaemisoras. Lote 7: un mínimo de 2.100 cantimploras. Lote 8: un mínimo de 1.000 protectores do colo. Lote 9: un mínimo de 2.100 lanternas para casco.

d) Prazo de execución/entrega: 30 días, desde o día seguinte ao da sinatura do contrato. A entrega do material realizarase nos lugares indicados para o efecto pola Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35113400-3 e 35111000-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: os recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 390.500 €, IVE (21 %): 82.005 €. Importe total: 472.505 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares). Valor estimado: 390.500 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo o disposto nas letras I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: lote 1: 1.627,50 €; lote 2: 810 €; lote 3: 2.520 €; lote 4: 2.415 €; lote 5: 2.205 €; lote 6: 1.402,50 €; lote 7: 1.995 €; lote 8: 775 €; lote 9: 5.775 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5-2º andar, CP 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44/881 99 93 88 (consultas administrativas), 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23184

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 12 de setembro de 2015.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela CP 15781), poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do 23 de setembro de 2015.

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no BOE e DOG será por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao DOUE: 4 de agosto de 2015.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

P.A. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes