Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2015/77-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa A Coruña, 20, baixo, 36700 Tui.

Denominación: LMTS, CT, RBT A Telleira.

Situación: Tui.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con conductor RHZ1-OL de 150 metros de lonxitude, con orixe e final en pasos aerosubterráneos que se van realizar nun apoio existente da LMTA Caldelas cuartel, unha vez que entre e saia do CT proxectado.
Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no lugar da Telleira, Caldelas, Tui.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 del Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 20 de xullo de 2015

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial