Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34834

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (1504/2014).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM) dos de Ribeira e o seu partido.

Dou fe e certifico: que nos autos de xuízo de faltas seguidos ante este xulgado co número 1504/2014 se ditou sentenza cuxo encabezado e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Ribeira, 18 de marzo de 2015

Vistos por María Cristina Fernández Fernández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 dos desta cidade, en xuízo oral e público, os autos rexistrados como xuízo de faltas número 1504/2014, nos cales aparecen na condición de denunciantes Mónica Mª Paz Santos, Mª Guadalupe Tubío Outeiral e Mª Susana Silva Alonso, coa asistencia letrada do Sr. Iglesias Gandarela e, na condición de denunciados, Adrián Romero Domínguez, Patricia Muñiz Figueroa e Emilio Lojo Torres, sen asistencia letrada, por presuntas faltas de maltrato, de ameazas e de aldraxes leves, e con intervención do Ministerio Fiscal, procédese

En nome da súa maxestade o rei a ditar a presente en virtude dos seguintes:

Decisión

Debo condenar e condeno a Adrián Romero Domínguez como autor responsable dunha falta de aldraxes, prevista e penada no artigo 620.2 do Código penal, á pena de 10 días de multa a razón de 2 €/día, con responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 CP en caso de non pagamento.

Debo condenar e condeno a Patricia Muñiz Figueroa como autora responsable dunha falta de aldraxes leves, prevista e penada no artigo 620.2 do Código penal, á pena de 10 días de multa a razón de 2 €/día con responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 CP en caso de non pagamento.

Debo condenar e condeno a Emilio Lojo Torres como autor responsable dunha falta de aldraxes leves, prevista e penadas no artigo 620.2 do Código penal, á pena de 10 días de multa a razón de 2 €/día con responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 do CP en caso de non pagamento.

Debo absolver e absolvo Adrián Romero Domínguez, Patricia Muñiz Figueroa e Emilio Lojo Torres da falta de ameazas pola que foron acusados no seo do presente procedemento.

Debo absolver e absolvo a Patricia Muñiz Figueroa da falta de maltrato de que foi acusada no seo do presente procedemento.

As custas procesuais decláranse de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que deberá presentarse por escrito neste xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito, e para que así conste e a súa remisión ao Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación en forma a Adrián Romero Domínguez, expido e asino o presente testemuño.

Ribeira, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial