Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34801

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 14 de abril de 2015 pola que se adxudican as axudas da Orde do 28 de novembro de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 28 de novembro de 2014 (DOG núm. 236, do 10 de decembro), establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva.

A Resolución do 14 de abril de 2015 (DOG núm. 75, do 22 de abril), adxudica as axudas ás universidades do Sistema universitario galego (SUG) que contraten as persoas candidatas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que aparecen na dita resolución.

No artigo 13 da orde de convocatoria establécese que, no caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicar a axuda ás solicitudes da lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de catro meses a partir da data de resolución, e que as persoas substitutas quedarán suxeitas ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda, sen que en ningún caso o período das axudas poida superar o indicado no artigo 3 da dita orde.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas nas modalidades A e B polas universidades e persoas candidatas seleccionadas que se relacionan no anexo I.

Segundo. Adxudicar as axudas ás universidades e persoas candidatas das listas de espera das modalidades A e B que se relacionan no anexo II. Os novos contratos deberán formalizarse con data do 1 de outubro de 2015.

Terceiro. Declarar extinguidas as listas de espera unha vez finalizado o prazo de substitucións.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG, segundo a data de inicio dos contratos, das renuncias producidas e das novas adxudicacións.

Modalidade A: 70 axudas.

 

Modalidade A

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2015

2016

2017

2018

Total

09.40.561B.444.0

UDC

14

149.688,41

301.000,00

301.000,00

151.311,59

903.000,00

09.40.561B.444.0

USC

39

432.342,41

838.500,00

838.500,00

406.157,59

2.515.500,00

09.40.561B.444.0

UVIGO

17

192.204,72

365.500,00

365.500,00

173.295,28

1.096.500,00

Total

70

774.235,54

1.505.000,00

1.505.000,00

730.764,46

4.515.000,00

Modalidade B: 12 axudas.

 

Modalidade B

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2015

2016

2017

2018

Total

09.40.561B.444.0

UDC

2

25.628,76

49.000,00

49.000,00

23.371,24

147.000,00

09.40.561B.444.0

USC

1

12.814,38

24.500,00

24.500,00

11.685,62

73.500,00

09.40.561B.444.0

UVIGO

9

105.473,37

220.500,00

220.500,00

115.026,63

661.500,00

Total

12

143.916,51

294.000,00

294.000,00

150.083,49

882.000,00

Modalidade C: 12 axudas.

 

Modalidade C

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2015

2016

2017

2018

Total

09.40.561B.444.0

USC

12

153.772,56

294.000,00

294.000,00

140.227,44

882.000,00

Total

12

153.772,56

294.000,00

294.000,00

140.227,44

882.000,00

Quinto. O artigo 9 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Renuncias aceptadas da lista de solicitudes concedidas

Modalidade A:

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Rama de coñecemento

Modalidade A

Modalidade B

Modalidade C

Clúster

Total

ED481A-2015/385

UVIGO

Abril

Comesaña

Sheila

*****815D

Ciencias

1

-

-

 

70,4337

ED481A-2015/142

USC

Brito

Román

Juan Carlos

*****410

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

-

-

 

68,484

Modalidade B:

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Rama de coñecemento

Modalidade A

Modalidade B

Modalidade C

Clúster

Total

ED481A-2015/021

UVIGO

Cabirta

Falque

Ana Dorinda

*****398L

Ciencias

2

1

-

Uso sustentable dos recursos mariños

59,5642

ANEXO II
Persoas candidatas da lista de espera adxudicadas

Modalidade A:

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Rama de coñecemento

Modalidade A

Modalidade B

Modalidade C

Clúster

Total

ED481A-2015/063

USC

Canedo

Barreiro

María

*****649E

Artes e Humanidades

1

-

-

 

63,6885

ED481A-2015/428

UDC

Carpente

Recouso

Adrián

*****238D

Enxeñaría e Arquitectura

1

-

-

 

63,598

Modalidade B:

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Rama de coñecemento

Modalidade A

Modalidade B

Modalidade C

Clúster

Total

ED481A-2015/250

UVIGO

Román

Geada

Marta

*****013W

Ciencias

2

1

-

Xestión integral do mar

53,2978