Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o acordo de procedencia de reintegro da subvención á xeración de emprego estable, regulada na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativa ao expediente TR340K 2011/6-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 6 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR340K 2011/6-2.

Nome: Exportación Halim Em, S.L.

DNI/NIF: B27420231.

Axuda: subvención á xeración de emprego estable.

Último enderezo coñecido: rúa Doutor Gasalla, 9, 4º dta., 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter a persoa traballadora pola que se concedeu a subvención durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 20, punto 2, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.