Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2008/0416-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada a copia da sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, recaída no procedemento 510/2014, polo accidente laboral mortal do traballador José Antonio Castro Monzo.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (10.7.2008).

• Escrito de alegacións (30.7.2008).

• Copia da sentenza xudicial.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial. Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2008/0416-4.

Acta núm. I362008000087285.

Empresa: Elevaciones Rama, S.L.L.

NIF/DNI: B-36395473.

Enderezo: estrada do Aeroporto, 11 Millarada, Vilar de Infesta; Redondela.

Vigo, 5 de agosto de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo