Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2015/108-1 e oito máis.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), notifícaselles por medio desta cédula a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes.

A notificación publícase preceptivamente no Boletín Oficial del Estado.

Dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Traballo e Economía Social, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nesta xefatura territorial, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Advírteselles de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 11 de agosto de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: RL 2015/108-1.

Acta inf. nº: I152014000166134.

Empresa: Mami Plus, S.L.

NIF: B70227756.

Enderezo: rúa Feáns, 9, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 4.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 8 de xuño de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Mami Plus, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2015/21-1.

Acta inf. nº: I152014000149865.

Empresa: Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. (antes Transportes Javier García Santos, S.L.).

NIF: B15853740.

Enderezo: polígono industrial Pocomaco 38.2, parc. E, 15190 A Coruña.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, desenvolvida no Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro, que aproba o Regulamento de organización e funcionamento da Inspección de Traballo e Seguridade social, artigo 8.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 20 de maio de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. (antes Transportes Javier García Santos, S.L.) unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2015/22-1.

Acta inf. nº: I152014000149966.

Empresa: Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. (antes Transportes Javier García Santos, S.L.).

NIF: B15853740.

Enderezo: polígono industrial Pocomaco 38.2, parc. E, 15190 A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 4.2. f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 20 de maio de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. (antes Transportes Javier García Santos, S.L.) unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente nº: RL 2015/20-1.

Acta inf. nº: I152014000156232.

Empresa: Albatros Inversiones Turísticas & Eventos, S.L. (Café Bar Descorche).

NIF: B70261821.

Enderezo: rúa Galera 24, 15003 A Coruña

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 12.5.h) e 34 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, en relación cos artigos 14 e 15 do Convenio colectivo de hostalaría da Coruña (BOP do 30 de agosto de 2013).

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 6 de maio de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Albatros Inversiones Turísticas & Eventos, S.L. (Café Bar Descorche) unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2015/59-1.

Acta inf. nº: I152014000154111.

Empresa: Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L.

NIF: B70389986.

Enderezo: rúa Alcalde electo Carballo, 11, baixo, 15174 Culleredo.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.b) e 6 da Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción, e o artigo 3 do Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve o anterior.

Tipificación: artigo 12.28.c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 6 de maio de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente nº: RL 2015/118-1.

Acta inf. nº: I152014000160777.

Empresa: Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L.

NIF: B70389986.

Enderezo: rúa Alcalde electo Carballo, 11, baixo, 15174 Culleredo.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigo 4.4 da Lei 32/2006, do 18 de outubro, de subcontratación no sector da construción, en relación co artigo 11 do Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a dita lei.

Tipificación: artigo 8.16 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 25 de maio de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L. unha sanción por importe de oito mil euros (8.000 €).

Expediente nº: RL 2014/520-1.

Acta inf. nº: I152014000159565.

Empresa: Cervecería Pistón, S.L.

NIF: B70281423.

Enderezo: rúa Gaiteira, 62, baixo, 15009 A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 12.5.h), e 34 a 37 inclusives, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e artigos 11, 14 e 15 do Convenio colectivo provincial de hostalería (BOP do 30 de agosto de 2013).

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 25 de maio de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Cervecería Pistón, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2014/479-1.

Acta inf. nº: I152014000141680.

Empresa: Eliane Silva Reboucas.

NIF: X6905269W.

Enderezo: rúa Olmos, nº 12, baixo, 15002 A Coruña.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 13 de abril de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Eliane Silva Reboucas unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2014/480-1.

Acta inf. nº: I152014000141983.

Empresa: Eliane Silva Reboucas.

NIF: X6905269W.

Enderezo: rúa Olmos, nº 12, baixo, 15002 A Coruña.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigo 15 do Convenio colectivo de hostalaría da Coruña (BOP do 30 de agosto de 2013).

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 13 de abril de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Eliane Silva Reboucas dúas sancións por importe de 1.250 euros cada unha, cun total de dous mil cinco centos euros (2.500 €).