Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo, non suxeito a regulación harmonizada, do traballo de campo e a depuración da operación da enquisa de excursionismo, mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 21 de maio de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de traballo de campo e depuración da operación da enquisa de excursionismo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 41.400 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 7 de agosto de 2015.

c) Adxudicataria: Simple Lógica Investigación, S.A.

d) Importe de adxudicación: 30.960 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia