1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: obras.
Descrición do obxecto: obras de construción do acceso ao castelo de Monterrei, tramitado por procedemento aberto, non harmonizado e documentalmente simplificado.
Prazo de execución: tres (3) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación.
Importe sen IVE: 463.360,01 €.
IVE (21 %): 97.305,60 €.
Importe total: 560.665,61 €.
5. Garantías.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.
6. Obtención de documentación e información.
O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.
Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23267
Información de índole técnica; teléfono: 881 99 60 68.
Información de índole administrativa; teléfono: 981 54 74 99.
7. Requisitos específicos do contratista.
Exíxese clasificación no grupo G, subgrupo 6, categoría d.
Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
Data límite de presentación: o vinte e seis día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fora domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo observarase o previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.
Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2015
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia