Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución dos expedientes PSC-CO-0254/2015-PPM e PSC-CO-0266/2015-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta dos expedientes PSC-CO-0254/2015-PPM e PSC-CO-0266/2015-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e as informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 10 de agosto de 2015

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0254/2015-PPM.

Persoa interesada: Paulo Henrique Borges.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa do Pozo, 1-p01, Betanzos.

Expediente: PSC-CO-0266/2015-PPM.

Persoa interesada: Mª Dolores dos Santos.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Poboado da Pasaxe, A Coruña.