Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2015/114-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Francisco Muñiz e Hijos, S.A.-Pescados Vixa.

Domicilio social: polígono industrial A Pedreira, nº 20, 36968 Meaño.

Título: modificado da LMT de acometida ao CT Pescados Vixa.

Situación: Meaño.

Características técnicas: eliminación do apoio HV-1000/10 paso aéreo a subterráneo (entroncamento inicial) e instalación de 84 metros de LMT subterránea con condutor RHZ, desde a arqueta situada baixo o citado apoio ata o centro de distribución de Unión Fenosa Distribución, S.A. (novo entroncamento). A instalación está situada no polígono industrial A Pedreira, nº 20, Meaño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de xullo de 2015

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial