Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMT VAR803B derivada ao CT Urbanización Rial.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 25 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 39-10 e final no apoio proxectado nº 1, do cal continúa subterránea, con condutor RHZ, 91 metros ata o punto de acceso proxectado sobre canalización existente. A instalación está situada na rúa Sobreira, Sobrán, Vilagarcía de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 29 de xullo de 2015
P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial