Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra de Trives (expediente IN408A 2015/04-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Iberdrola Generación, S.A.U.

Domicilio social: rúa Circunvalación, nº 17, 32350 A Rúa.

Denominación: reforma sistema 20 kV estación bombeo CH Ponte Bibei.

Situación: A Pobra de Trives (Ourense).

Características técnicas: instalación de dúas celas blindadas de media tensión, prefabricadas baixo envolvente metálica con illamento en aire, asociadas unha á posición de chegada de liña (cela de remonte) e a outra á de acometida ao transformador de potencia -TEB- (cela con interruptor extraíble), coa correspondente modificación das liñas eléctricas de acometidas, lonxitude 10 m, con condutor modelo Eprotenax DHV de 70 mm2 de sección.

Localización: estación de bombeo da central hidráulica de Ponte Bibei, p.q. 8 da estrada OU-636, na marxe esquerda do río Bibei.

Concello: A Pobra de Trives.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 10 de xullo de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas