Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN408A 2015/03-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Iberdrola Generación, S.A.U.

Domicilio social: rúa Circunvalación, nº 17, 32350 A Rúa.

Denominación: renovación do sistema 11/20 kV da central hidráulica de Sobradelo.

Situación: Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Características técnicas: substitución do trafo 11/20 kV da central (T2) que pasa ao parque intemperie, tipo seco cunha potencia aparente de 750 kVA, para aloxar en edificio de construción mediante envolvente modular de formigón, que tamén acollerá as celas proxectadas de conexión e de manobra do seccionamento de ambos os niveis de tensión (89-BT-T2 para 11 e 89-AT-T2 para 20 kV), con illamento e medio de extinción en SF6.

Liñas eléctricas de alimentación a trafo por canalización existente, en condutor HEPR-Z1(AS) de 50/185 mm2, de 116 m (acometida a 20 kV) e 122 m (acometida a 11 kV), respectivamente, e liña de acometida á nova posición de Santiago, cela 2 de 20 kV, por canalización existente, de 200 m de lonxitude e condutor de 70 mm2 de sección, con orixe no apoio fin de liña situado no exterior da central.

Orzamento: 70.568 €.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de xullo de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas