Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (125/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 125/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Rama Seoane contra Puertas Ramón Rama, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 392/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 125/2013

Demandante: María Pilar Rama Seoane

Letrado: Sra. Vázquez Bol

Demandada: Puertas Ramón Rama, S.L.

Resolvo.

Estimo a demanda formulada por María Pilar Rama Seoane contra Puertas Ramón Rama, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 19.131,75 euros en concepto de salarios debidos, así como o 10 % de xuro de mora.

O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Puertas Ramón Rama, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial