Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (80/2015).

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

ETX. Execución de títulos xudiciais 80/2015

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 1049/2014

Sobre despedimento

Demandante: Juan Carlos García Pose

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores e Fondo de Garantía Salarial

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 80/2015, por instancia de Juan Carlos García Pose contra a executada Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 30 de xuño de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total por importe de 24.284,40 euros de principal máis 2.428,44 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

A secretaria xudicial