Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34088

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (302/2014).

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 302/2014, por instancia de Óscar Fernández Fandiño contra a executada Juan Enrique Míguez Torres (Construcciones), se ditou o día 30 de xuño de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total por importe de 9.554,17 euros de principal máis 955,42 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

A secretaria xudicial