Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33873

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (294/2014).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario número 294/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Matilde Sabín Beceiro contra a empresa Tyr Sigel Confección, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Matilde Sabín Beceiro contra Tyr Sigel Confección, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Tyr Sigel Confección, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 6.206,13 euros, correspondente ao 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tyr Sigel Confección, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial