Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (293/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 293/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen María Vilaboy Seijas contra a empresa Tyr Sigel Confección, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade de procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Carmen María Vilaboy Seijas contra Tyr Sigel Confección, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Tyr Sigel Confección, S.L. a que lle aboe á demandante ao cantidade de 2.830,30 euros, correspondentes ao 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tyr Sigel Confección, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial