Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33875

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (198/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 198/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Candelaria López Otero contra a empresa Coruña Moda, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Candelaria López Otero contra Coruña Moda, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Coruña Moda, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.135,58 euros brutos, polos salarios devindicados en decembro de 2013 e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2013, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada-xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Coruña Moda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial