Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 2 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-030/15.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 2 de xullo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Exp. falta de pagamento: P-030/15.

Exp. construción: PO-88/010, conta 7.

Nome: Esther Josefa Lazcorreta Andreo.

Enderezo: rúa E núm. 6-1º C, Silleda-Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte cos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e coa cláusula cuarta da escritura de compravenda, requirímola para o pagamento de 106 recibos vencidos e non satisfeitos por un importe total de 14.036,15 €, correspondentes ao período comprendido entre o 1.7.2004 e o 1.4.2013.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato de compravenda, co artigo 82 da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e co artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de 15 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas e proceda ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e entregue a documentación que considere conveniente.

Advertímoslle que, en caso de non atender este requirimento, procederase á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.