Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0058/14.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 9 de xullo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesada: José María Calero, S.L.

Expediente: ES-P-0058/14.

Último domicilio coñecido: rúa Cedrón del Valle, nº 7, 1º dereita, Lugo.

Indicación do contido: notifícaselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0058/14, na que se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 550 €, de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar os documentos ou xustificantes que consideren convenientes, no prazo de quince días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado na Área Provincial de Pontevedra do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.