Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración e instalación do material preciso para garantir a mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública do parque empresarial de Penapurreira (expediente FOAYIA 2015).

1. Entidade adxudicadora: Concello das Pontes de García Rodríguez.

2. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación; teléfono: 981 45 31 16; correo electrónico:

contratacion@aspontes.org; http://www.contratosdegalicia.es/resultadoGSA.jsp.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Obxecto do contrato: o descrito na cláusula primeira do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

5. Prazo de execución do contrato: 15 días hábiles seguintes á sinatura do contrato.

6. Criterio de adxudicación: o prezo.

7. Orzamento base de licitación, con IVE: 92 436,97 €.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: 15 días naturais desde a publicación do último anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña, así como no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: antes da formalización do contrato deberá acreditarse o pagamento do custo do anuncio: DOG tramitación urxente; máximo: 1.000 euros.

As Pontes de García Rodríguez, 27 de xullo de 2015

P.D. (Decreto 1316/2015, do 22 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos