Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, polo procedemento aberto, das obras da segunda fase do proxecto de reforma da cuberta e bancada de tribuna do Estadio de Balaídos.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento. c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 3392-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: as obras da segunda fase do proxecto de reforma da cuberta e bancada de tribuna do Estadio de Balaídos. c) CPV: 45212224-2; d) División por lotes e número de lotes: non; e) Lugar de execución: Estadio de Balaídos; Vigo. f) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria; b) Procedemento: aberto; c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: importe total 5.234.256,94 euros. (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe; b) Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría f. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; c) Admisión de melloras: si; a descrita no número 9.B da FEC; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 7 de agosto de 2015

P.D. (Resolución 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación