Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 14 de agosto de 2015 Páx. 33392

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 6 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN201G).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.17, atribúe á nosa comunidade autónoma competencias exclusivas en materia de artesanía. A Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, establece o marco legal de actuación do sector artesán en virtude das citadas competencias e establece a creación do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, de carácter público e voluntario, como instrumento que permite coñecer a dimensión de cada grupo artesanal e o alcance da acción administrativa circunscrita ao ámbito xeográfico da nosa comunidade.

O Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, indica que corresponde á Dirección Xeral de Comercio a planificación, coordinación e control das competencias da Consellería en materia de artesanía.

A importancia das actividades artesanais en Galicia reside non só nun plano social ou cultural, co que se adoitan identificar, senón que constitúen actividades con capacidade de xeración de emprego e riqueza desde o punto de vista económico. Abranguen, ademais, unha lista longa de oficios que se traduce nunha oferta produtiva moi diversificada que pode responder de xeito eficaz ás exixentes demandas do mercado actual.

A Consellería de Economía e Industria, consciente da importancia social, cultural, patrimonial e económica da artesanía galega, aposta por un sector artesán forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, motivo polo cal elaborou o Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016, que ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector.

O plan configúrase como unha estratexia específica para a artesanía de Galicia e na súa elaboración contouse coa participación do propio sector, que fixo achegas substantivas para sinalar a mellor folla de ruta a seguir. O plan, ademais de desenvolver liñas de acción concretas para un período de tres anos, recolle unha visión a máis longo prazo, imprescindible para acadar un sector artesanal sólido e sustentable no tempo.

Entre as liñas de acción do plan destaca o fortalecemento da comercialización da artesanía galega, que require, entre outras actuacións, o acceso a novos mercados, tanto nacionais como internacionais, a apertura a clientes potenciais e a promoción das feiras e de novas canles de comercialización da artesanía.

Cómpre, por tanto, proceder á convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de impulsar accións de promoción comercial a través da participación en feiras e certames así como a organización de eventos feirais para o fortalecemento da comercialización da artesanía galega a través dos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Con este fin, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 está consignado crédito por importe de 300.000,00 € nas aplicacións orzamentarias seguintes para atender as axudas da presente orde:

08.02.751A.770.3 120.000,00 €

08.02.751A.761.3 100.000,00 €

08.02.751A.781.4 80.000,00 €

As actuacións desta convocatoria financiaranse coa participación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e, por tanto, a súa tramitación quedará condicionada ao cumprimento da normativa da Unión Europea nesta materia.

Segundo o exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía e Industria en materia de artesanía, no exercicio das atribucións que me foron conferidas,.

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán para o ano 2015, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2015.

3. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 300.000,00 € que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2015:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarios

08.02.751A.770.3

120.000,00

Artigo 3, alínea a) do anexo I

08.02.751A.761.3

100.000,00

Artigo 3, alínea c) do anexo I

08.02.751A.781.4

  80.000,00

Artigo 3, alínea b) do anexo I

As aplicacións orzamentarias 08.02.751A.770.3 e 08.02.751A.781.4 están financiadas por fondos propios libres e a aplicación orzamentaria 08.02.751A.761.3 está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). As actuacións previstas están comprendidas no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 09, actuación 08.

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 2. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

2. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. No caso de que os solicitantes sexan concellos, a presentación das solicitudes realizarase exclusivamente por vía electrónica.

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 3. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201G, poderase obter información na Dirección Xeral de Comercio e na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria

(http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de axudas ou:

www.artesaniadegalicia.xunta.es

b) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo:

https://sede.xunta.es

c) Nos teléfonos 981 54 55 99 e 881 99 91 78 da Dirección Xeral de Comercio.

d) Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Centro Galego da Artesanía e Deseño.

e) Nos enderezos electrónicos cei.dxcomercio@xunta.es e centro.artesania@xunta.es

f) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012 (desde o resto do Estado 902 12 00 12).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5. Recursos

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1º. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2º. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán (código de procedemento IN201G)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e conta co financiamento nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). Así mesmo, quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013,L352/1), así como aos regulamentos (CE) 1080/2006 (DOUE do 31 de xullo), 1083/2006 (DOUE do 31 de xullo) e 1828/2006 (DOUE do 15 de febreiro 2007) relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e a Orde EHA 524/2008, do 26 de febreiro, relativa aos gastos subvencionables polo Feder e o Fondo de Cohesión.

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2015 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2014 exixidos para a participación en eventos expositivos do ano 2015 e, se for o caso, gastos de feiras que se celebrarán no mes de decembro de 2015.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

1) Para titulares de obradoiros artesanais.

Consideránse actuacións subvencionables:

a) A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

b) A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

c) A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.

A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.

Son gastos subvencionables os que ocasione o aluger do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira. No caso de actuacións recollidas na alínea a), serán subvencionables, ademais, os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.

O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar 7.000,00 euros, IVE excluído.

2) Para concellos.

Consideránse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras de artesanía:

a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.

b) Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluíndo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non alcancen o 80 % de expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.

Son gastos subvencionables a infraestrutura, servizos propiamente feirais e publicidade.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar 15.000 euros.

3) Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Consideránse actuacións subvencionables:

a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma, de distintos oficios cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso, e conten cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por certame.

Son gastos subvencionables a infraestrutura, servizos propiamente feirais e publicidade.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000 euros.

b) Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no extranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 euros de subvención por feira.

Son gastos subvencionables os que ocasione o aluger do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira, así como os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

5. Actuacións e gastos non subvencionables:

a) Gastos derivados da participación en feiras: construción das casetas, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes (coas excepcións recollidas nos puntos anteriores), axudas de manutención, desprazamentos, aloxamento e publicacións.

b) Organización e celebración de feiras: gastos derivados de seguros non obrigatorios, axudas de manutención, desprazamentos e aloxamento, regalos promocionais e a realización de cócteles e actos análogos, gastos de persoal propio da entidade de que se trate, así como calquera outro gasto derivado da súa actividade habitual.

c) Organización, celebración e participación de feiras de carácter gastronómico e turístico.

d) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a e os investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.

e) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionada coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 300.000,00 €, que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2015.

08.02.751A.770.3 120.000,00 €

08.02.751A.761.3 100.000,00 €

08.02.751A.781.4 80.000,00 €

2. As aplicacións orzamentarias 08.02.751A.770.3 e 08.02.751A.781.4 están financiadas por fondos propios libres e a aplicación orzamentaria 08.02.751A.761.3 está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). As actuacións previstas están comprendidas no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 09, actuación 08.

3. O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

4. Estas axudas son acumulables con outras axudas cofinanciadas co Feder sempre que non se supere o custo total da actuación. Os gastos cofinanciados co Feder non poderán recibir axuda de ningún outro instrumento financeiro comunitario.

5. As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Artigo 3. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, que cumpran o seguinte requisito:

– Figurar o obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.

b) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia legalmente constituídas que cumpran o seguinte requisito:

– Que aomenos 10 dos seus membros figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

c) Concellos que cumpran o seguinte requisito:

– Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.

Artigo 4. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indica na convocatoria.

2. Xunto coa solicitude (anexo II), deberá presentarse a documentación que se refiere a seguir.

2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante, orixinal ou copia compulsada, que deberá estar en vigor:

Titulares de obradoiros artesanais:

• Se é unha persoa física: só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiro ou, se é o caso, do seu representante.

• No caso de persoa xurídica:

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade e documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.

• No caso de comunidades de bens:

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Deberán constar expresamente (anexo IV) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

Asociacións profesionais e empresariais de artesáns:

– Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e, só no caso de non autorizar a súa verificación, o número de identificación fiscal.

– Poder suficiente de quen represente a entidade solicitante, acompañado do seu documento nacional de identidade, só no caso de non autorizar a súa verificación.

– Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da asociación profesional e/ou empresarial de artesáns que acredite a relación de asociados que a integran.

– No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.

2.2. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no caso de ter iniciado a actividade.

As certificacións indicadas só deben presentarse no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que a solicite de oficio. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o devandito documento sen compulsar.

2.3. Documentación xustificativa. Memoria de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración das actuacións que se pretenden executar.

2.4. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.

2.5. Para a participación nos eventos feirais, folla de solicitude de espazo da feira onde se especifiquen os servizos contratados e, asemade, no caso de certames e feiras non profesionais de artesanía, certificación dunha asociación profesional de artesáns de Galicia acreditativa da solvencia do evento respecto do seu arraigamento e indubidable interese comercial.

2.6. Para a organización de feiras promovidas polos concellos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns:

i) Memoria explicativa do evento en que consten os seguintes aspectos: datas de celebración, horario e lugar; número de edición, participación de expositores e de obradoiros artesáns; relación de oficios convocados (segundo o anexo V). Só no caso de feiras promovidas polas asociacións profesionais e empresariais de artesáns, este anexo acompañarase dun informe da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

ii) Plano do recinto feiral; infraestrutura do recinto cos servizos con que conta e características dos stands; campaña publicitaria que se realizará para a difusión do evento e calquera outro aspecto relacionado co evento.

2.7. Para a participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms, memoria explicativa en que consten a infraestructura do stand, se for o caso, os días de presentación, horario e lugar de realización e identificación da entidade organizadora.

2.8. Para os efectos sinalados no artigo 10 destas bases achegarase, se é o caso, a seguinte documentación, que en ningún caso será obxecto de requirimento:

– Certificado/s da/s entidade/s bancaria/s onde figure que a persoa solicitante posúe medios de pagamento electrónicos.

– Acreditación da participación e/ou organización de cursos de formación nos últimos 12 meses ata a data do inicio da presentación da solicitude desta convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 5. Consentimento e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, e debe presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 6. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es

Artigo 7. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, e corresponde ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 8. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que subministre cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 9. Comisión de valoración

1. A comisión de avaliación será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos/ás interesados/as.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

Presidencia: A persoa titular da Subdirección Xeral de Comercio.

Vogais:

– O xefe do Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía.

– Un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio.

– Secretaría: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Comercio.

Se por causa xustificada, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puider asistir, será substituída pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para resolver.

3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de forma individualizada os/as solicitantes propostos/as para obter a subvención, especificando a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles/as ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidas ben co crédito que quede libre no caso de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 10. Criterios de valoración

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención serán os seguintes:

– Obradoiros artesanais:

1. Feiras profesionais nacionais e celebradas no estranxeiro: asistencia a un certame, 1 punto, asistencia a dous ou máis, 2 puntos.

2. O/a titular do obradoiro sexa artesán/á mozo/a, ata os 35 anos inclusive, ou muller, 2 puntos.

3. Estar adherido o obradoiro ao Sistema arbitral de consumo, 2 puntos.

4. Exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes, 2 puntos.

5. Posta á disposición dos clientes de medios de pagamento electrónicos: 1 punto.

6. Acreditación da participación en cursos de formación nos últimos doce meses ata a data do inicio de presentación de solicitudes desta convocatoria, impartidos ou organizados polas asociacións profesionais de artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia ou pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño: 1 punto por asistencia a un curso, 2 puntos por asistencia a dous cursos e 3 puntos por asistencia a tres ou máis cursos.

– Concellos:

1. Grao de consolidación da feira:

a) Feiras cun número de entre 5 e 14 edicións, incluíndo a edición en curso: 1 punto.

b) Feiras cun número de entre 15 e 20 edicións, incluíndo a edición en curso: 2 puntos.

c) Feiras cun número de entre 21 e 25 edicións, incluíndo a edición en curso: 3 puntos.

d) Feiras con máis de 25 edicións, incluíndo a edición en curso: 4 puntos.

2. Número de expositores de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns):

a) Feiras cun número de expositores entre 10 e 20: 2 puntos.

b) Feiras cun número de expositores entre 21 e 30: 3 puntos.

c) Feiras cun número de expositores superior a 30: 4 puntos.

3. Feiras que inclúan no seu programa demostración de oficios artesanais en vivo: 2 puntos.

Todos os criterios de valoración se acreditarán mediante declaración responsable do concello (anexo V).

– Asociacións profesionais e empresariais de artesáns:

1. Participación en feiras profesionais nacionais e celebradas no extranxeiro: asistencia a un certame, 1 punto, asistencia a dous ou máis, 2 puntos.

2. Grao de consolidación da feira que se organiza:

a) Feiras cun número de entre 15 e 20 edicións, incluíndo a edición en curso: 2 puntos.

b) Feiras cun número de entre 21 e 25 edicións, incluíndo a edición en curso: 3 puntos.

c) Feiras con máis de 25 edicións, incluíndo a edición en curso: 4 puntos.

3. Número de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns):

a) Feiras cun número de expositores entre 10 e 20 : 2 puntos.

b) Feiras cun número de expositores entre 21 e 30: 3 puntos.

c) Feiras cun número de expositores superior a 30: 4 puntos.

4. Feiras que inclúan no seu programa demostración de oficios artesanais en vivo: 2 puntos.

5. Acreditación da organización de cursos de formación nos últimos doce meses ata a data do inicio de presentación de solicitudes desta convocatoria, impartidos ou organizados polas asociacións profesionais de artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia, 1 punto por organización dun curso, 2 puntos por dous cursos e 3 puntos por tres o máis cursos.

Todos os criterios de valoración se acreditará mediante a correspondente declaración responsable da asociación (anexo V) e informe da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obtivese a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º. Menor contía do total das subvencións solicitadas.

2º. Participación ou organización de feiras profesionais.

3º. Menor poboación do concello onde se sitúe o obradoiro ou se celebre a feira.

Artigo 11. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior, cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 12. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instrutor formulará a proposta de resolución, que se elevará a través do órgano instrutor ao conselleiro de Economía e Industria.

2. O conselleiro de Economía e Industria, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvencionará e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de denegación.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que desenvolverá a persoa beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución á persoa interesada será de cinco meses contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrer o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992.

Nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas.

Artigo 13. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 14. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión das subvencións poderá acordar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria cumprindo os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade da presente orde.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e as circunstancias que motiven a modificación, se tiveren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda ou subvención.

3. A persoa beneficiaria deberá solicitar esta modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Economía e Industria, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de vinte días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionado. Non facelo dará lugar á perda da totalidade da subvención na parte afectada pola modificación, sen prexuízo de que tamén poderá implicar a perda da totalidade da subvención concedida no caso de variación substancial do proxecto, e tramitarase, se for o caso, o correspondente procedemento de reintegro.

4. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Economía e Industria, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia á persoa interesada no termos previstos no artigo 11 destas bases.

Artigo 15. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, de conformidade co disposto polo artigo 21.5 da Lei 9/2007, transcorridos dez días hábiles desde a súa notificación ou publicación sen que a persoa interesada comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de persoa beneficiaria.

2. A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992.

3. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro de Economía e Industria ditará a correspondente resolución no termos do artigo 42.1 da mesma lei.

Artigo 16. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3. Someterse ás verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006, así como ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

5. Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

8. Deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos relacionados co investimento realizado ao abeiro desta orde, e deberán conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa subvención outorgada durante un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 de Regulamento (CE) nº 1.083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, e deberán restituír a subvención outorgada nos casos en que concorra causa de reintegro.

Artigo 17. Obrigas específicas de publicidade

1. Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007.

Os beneficiarios deberán dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa inscrición «Proxecto cofinanciado pola Consellería de Economía e Industria», acompañado do escudo normalizado da Xunta de Galicia, asi como o logotipo de Artesanía de Galicia.

2. O beneficiario deberá cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) nº 1.828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1 e 2 do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009, e que se recollen na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2014, que poden consultarse na páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-intervencions-cofinanciadas-fe

3. En aplicación desta normativa en materia de publicidade, os beneficiarios deberán ter en conta que, de acordo co artigo 9 do citado Regulamento (CE) nº 1828/2006 e o artigo 1.2.a) do Regulamento (CE) 846/2009, todas as medidas de información e publicación establecidas incluirán os elementos seguintes:

– O emblema da Unión Europea.

– Referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

– Declaración do Fondo: «Unha maneira de facer Europa».

– Proporcionalidade entre emblemas.

Asemade, os beneficiarios destas axudas, independentemente do seu importe, deberán adoptar as medidas de información e publicidade previstas no artigo 8.4 do devandito regulamento. Para iso e na medida do posible, para os proxectos previstos nesta orde, os beneficiarios farán unha referencia ao financiamento na súa páxina web en que figure o logo, emblema UE e lema Feder.

4. A aceptación desta axuda supón a publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión.

Artigo 18. Subcontratación

Enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria, en orixinal ou copia compulsada, da documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, tendo de prazo ata o 30 de novembro de 2015.

2. Documentación xustificativa:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación do proxecto.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade bancaria.

c) A xustificación de asistencia a feiras farase efectiva mediante a certificación expresa de participación no certame no período prefixado, emitida pola institución ou entidade organizadora.

d) No caso de que o solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.

e) Anexo III da orde de convocatoria debidamente asinado.

f) Calquera outro documento que se requira na resolución particular de concesión da axuda.

Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 20. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, e antes de proceder ao seu pagamento, os órganos competentes da consellería poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O importe da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira, ao número de conta designado polo beneficiario.

3. O pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculada en función da porcentaxe subvencionada do custo final da actividade sempre que se xustifique un mínimo do 40 por 100 do importe establecido na resolución de concesión. No caso de concorrer con outras axudas, aplicarase o disposto no artigo 2.3 destas bases.

Artigo 21. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro.

Cando se trate de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007 e no título VI do seu regulamento.

Artigo 22. Control

1. A Consellería de Economía e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Á parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007.

3. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 23. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía e Industria.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007; no regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 30/1992; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade, no Regulamento (CE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1), no Regulamento (CE) nº 1080/2006, no Regulamento (CE) nº 1083/2006, no Regulamento (CE) nº 1828/2006, relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e no resto de normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Concellos con menos de 5.000 habitantes
(cifras oficiais da poboación en 1 de xaneiro de 2014)

A Coruña

Concello

Hab.

Aranga

2.033

Baña, A

3.754

Boimorto

2.115

Boqueixón

4.342

Cabana de Bergantiños

4.623

Cabanas

3.294

Capela, A

1.356

Cariño

4.241

Carnota

4.376

Cerdido

1.249

Coirós

1.747

Corcubión

1.672

Curtis

4.048

Dodro

2.913

Dumbría

3.137

Fisterra

4.824

Frades

2.485

Irixoa

1.421

Laxe

3.207

Lousame

3.513

Mañón

1.455

Mazaricos

4.289

Mesía

2.795

Moeche

1.303

Monfero

2.089

Paderne

2.502

Pino, O

4.680

Rois

4.767

San Sadurniño

3.019

Santiso

1.742

Sobrado

1.965

Somozas, As

1.211

Toques

1.248

Tordoia

3.706

Touro

3.853

Trazo

3.301

Val do Dubra

4.120

Vilarmaior

1.236

Vilasantar

1.316

Zas

4.902

Lugo

Concello

Hab.

Abadín

2.646

Alfoz

1.903

Antas de Ulla

2.152

Baleira

1.392

Baralla

2.774

Barreiros

2.994

Becerreá

3.012

Begonte

3.179

Bóveda

1.571

Carballedo

2.401

Castroverde

2.823

Cervantes

1.528

Cervo

4.369

Corgo, O

3.695

Cospeito

4.892

Folgoso do Courel

1.106

Fonsagrada, A

3.960

Friol

4.004

Guntín

2.927

Incio, O

1.797

Láncara

2.789

Lourenzá

2.338

Meira

1.731

Mondoñedo

3.991

Monterroso

3.779

Muras

696

Navia de Suarna

1.254

Negueira de Muñiz

211

Nogais, As

1.228

Ourol

1.090

Palas de Rei

3.601

Pantón

2.708

Paradela

1.967

Páramo, O

1.484

Pastoriza, A

3.309

Pedrafita do Cebreiro

1.155

Pobra do Brollón, A

1.830

Pol

1.738

Pontenova, A

2.534

Portomarín

1.624

Quiroga

3.501

Rábade

1.604

Ribas de Sil

1.011

Ribeira de Piquín

583

Riotorto

1.395

Samos

1.458

Saviñao, O

4.113

Sober

2.453

Taboada

3.101

Trabada

1.203

Triacastela

721

Valadouro, O

2.069

Vicedo, O

1.882

Xermade

2.036

Xove

3.456

Ourense

Concello

Hab.

Amoeiro

2.274

Arnoia, A

1.040

Avión

2.053

Baltar

1.019

Bande

1.829

Baños de Molgas

1.675

Beade

464

Beariz

1.112

Blancos, Os

885

Boborás

2.617

Bola, A

1.350

Bolo, O

1.013

Calvos de Randín

985

Carballeda de Avia

1.390

Carballeda de Valdeorras

1.697

Cartelle

2.944

Castrelo de Miño

1.620

Castrelo do Val

1.109

Castro Caldelas

1.376

Cenlle

1.235

Chandrexa de Queixa

545

Coles

3.150

Cortegada

1.191

Cualedro

1.808

Entrimo

1.323

Esgos

1.216

Gomesende

833

Gudiña, A

1.461

Irixo, O

1.637

Larouco

544

Laza

1.449

Leiro

1.675

Lobeira

837

Lobios

2.025

Maceda

2.978

Manzaneda

973

Maside

2.906

Melón

1.340

Merca, A

2.078

Mezquita, A

1.155

Montederramo

822

Monterrei

2.809

Muíños

1.622

Nogueira de Ramuín

2.198

Oímbra

2.020

Paderne de Allariz

1.515

Padrenda

1.951

Parada de Sil

634

Peroxa, A

1.999

Petín

961

Piñor

1.237

Pobra de Trives, A

2.280

Pontedeva

625

Porqueira

931

Punxín

749

Quintela de Leirado

651

Rairiz de Veiga

1.456

Ramirás

1.643

Riós

1.684

Rúa, A

4.634

Rubiá

1.494

San Amaro

1.180

San Cibrao das Viñas

4.972

San Cristovo de Cea

2.418

San Xoán de Río

632

Sandiás

1.297

Sarreaus

1.313

Taboadela

1.561

Teixeira, A

391

Toén

2.511

Trasmiras

1.456

Veiga, A

965

Verea

1.059

Viana do Bolo

3.113

Vilamarín

2.056

Vilamartín de Valdeorras

1.793

Vilar de Barrio

1.500

Vilar de Santos

922

Vilardevós

2.024

Vilariño de Conso

633

Xunqueira de Ambía

1.546

Xunqueira de Espadanedo

863

Pontevedra

Concello

Hab.

Agolada

2.651

Arbo

2.904

Barro

3.705

Campo Lameiro

1.962

Catoira

3.402

Cerdedo

1.860

Cotobade

4.327

Covelo

2.719

Crecente

2.261

Cuntis

4.931

Dozón

1.209

Forcarei

3.696

Fornelos de Montes

1.784

Lama, A

2.763

Mondariz

4.742

Mondariz-Balneario

682

Moraña

4.362

Neves, As

4.121

Oia

3.042

Pazos de Borbén

3.075

Pontecesures

3.092

Portas

3.025

Rodeiro

2.752

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

Extraído de http://www.ine.es