As resolucións ditadas nos expedientes sancionadores PO-01138-O-2007, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, son firmes. As persoas sancionadas non aboaron as multas impostas. En consecuencia, requíreselles o seu pagamento ás persoas que figuran como caucionistas nos referidos expedientes.
Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os requirimentos de pagamento aos caucionistas.
O importe da sanción deberá ser aboado dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela. A data de publicación deste anuncio no BOE será a que determine o inicio do cómputo do referido prazo.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015
Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
anexo
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
Caucionista Último enderezo coñecido |
PO-01138-O-2007 72-DN-23 Garda Civil 3601 C-26225H |
Friespana Transportes, Lda. Rúa da Lagoa, 12 0 San Pedro da Torre (Portugal) |
Realizar transporte de cabotaxe de mercadorías sen levar a bordo o orixinal da copia certificada conforme de licenza comunitaria. Sancionarase, segundo esta epígrafe, como carencia de copia certificada conforme de licenza comunitaria levala caducada ou levar fotocopia compulsada da licenza (neste caso retirarase a licenza). Realizar transporte público ou privado de cabotaxe (interior) de mercadorías con vehículo conducido por persoa dun país terceiro (non da UE) carecendo do correspondente certificado. 15.6.2007; 9.20; PO-504; 0,3 |
Art. 140.1.8 LOTT Art. 197.1.8 ROTT Art. 141.19 LOTT Art. 198.19 ROTT |
Art. 143.1.i) LOTT Art. 201.1.i) ROTT Art.143.1.e) LOTT Art. 201.1.e) ROTT |
5.602 |
Javier Pereiro Oliveira Baro A Rocha, Atios 54 36400 O Porriño (Pontevedra) |