Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33108

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (906/2014).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxa resolución é do seguinte teor:

«Que estimando substancialmente a demanda formulada en autos de xuízo ordinario 906/2014 pola procuradora Marta Robés Cabaleiro, en representación de José Feijoo Feijoo e Ermitas Tato Asorey, contra Promociones Lugar do Carrascal, S.A. e Construcciones Regueiro Camelias, S.L., debo declarar e declaro a propiedade dos demandantes sobre unha participación de trinta e tres avas partes do soto primeiro e unha trinta e cinco ava parte indivisa do soto segundo do predio sito na rúa Coruña, nº 62, de Vigo, inscritos no Rexistro da Propiedade número 5 de Vigo como predios rexistrais 63537 e 63538, no tomo 757, folios 176 e 182, respectivamente, a nome de Construcciones Regueiro Camelias, S.L., condeno a Construcciones Regueiro Camelias, S.L. a se ater a esta declaración e ordeno a cancelación dos asentos rexistrais que poidan resultar contraditorios, sen facer expresa imposición das custas procesuais causadas.

En canto sexa firme a presente resolución, fágase entrega á parte demandante do mandamento xudicial correspondente, co fin de que poida instar a rectificación no Rexistro da Propiedade.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de 20 días a partir da súa notificación (artigo 458.1 da LAC), logo do depósito da suma de 50 € na conta de depósitos e consignacións do xulgado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Promociones Lugar do Carrascal, S.A., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 18 de xuño de 2015

A secretaria xudicial