Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (416/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 416/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fátima Freire Fernández contra Fondo de Garantía Salarial, It One Digital, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Fátima Freire Fernández contra a entidade It One Digital, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade It One Digital, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 241,92 € brutos, por salarios devindicados en febreiro de 2014, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a It One Digital, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

A secretaria xudicial